Durante esta cuarentena vín un documental, que fala do que non adoitamos a darnos conta, que cando utilizamos os buscadores, como google, ou programas como youtube non son gratuítos, se non que as grandes empresas obteñen un gran beneficio a través de nós.
No documental a idea principal é que nos temos a idea de que este tipo de páxinas wed son gratuítas para nós, non nos custan diñeiro, pero o que argumentaban é que o pagamos por outro medio; iformación persoal. O que fan estas páxinas é que con cada búsqueda que facemos almacea esa información para así dirixir a cada un de nós a publicidade según o que haxamos buscado anteriormente, é dicir según os nosos gustos. Ademais nós dámolles permiso a utilizar a nosa información ao activar as famosas 'cookies' (se queres saber información das cookies). Así, aos nosos ollos é gratis, pero as empresas con esta información conseguen grandes sumas de cartos. Este é o documental, que vos deixo na parte do funcionamento destos buscadores.
Persoalmente este documental pareceume moi interesante, xa que explica dunha forma entendible a historia, e o funcionamento destas actividades que levan a cabo as grandes empresas informáticas abríndolle os ollos a xente que non era consciente disto.
A simple vista non parece un gran problema, sempre en cando sepas que fan coa túa información, pero o principal problema é que moita xente non sabe que isto está detrás das nosas búsquedas, senon que sí pensan que as nosas consultas nos buscadores son gratuítas,que ninguén pode velas, ou que os anuncios que aparecen sexan de cosas que te interesan é coincidencia. Isto leva a que esa xente que non é consciente disto dea acceso a calquera información súa.
Eu diría que deberíamos administrar a nosa información persoal con coidado, hai que ter coidado a quen lle permites acceder e que información permites ver, porque a fin de contas estanse lucrando a partir dunha parte da túa vida, polo que se non racionas esa información que estás dando a longo prazo pode actuar dunha forma negativa sobre ti mesmo/a.
Espero que despois de ver esta publicaión os informedes sobre o tema e teades coidado, cando os pidan información ao entrar nos buscadores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario