domingo, 10 de noviembre de 2019

The Blair Witch Project

The Blair Witch Project é un largometraxe de terror psicolóxico estadounidense de 1999.
Este filme-documental trata sobre tres alumnos de cine; Heather Donahue, Joshua Leonard e Michael Williams que teñen que facer un documental sobre a bruxa de Blair en Burkittsville.
Ten unha valoración de 6.5 sobre 100 en IMDb e un 5.1 sobre 10 en Filmaffinity.Este filme foi moi famoso na súa época, de feito se estima que con este filme se gañaron $248 millóns. A razón de tan alta recaudación foi porque o que pasaba vendíano como algo real, a desaparición dos estudantes, o que a facía moito máis interesante e atractiva. Se investigas en pouco averiguarás a realidade; que era todo un montaxe. Podríase dicir que é un bulo, xa que estende unha noticia falsa para o propio lucro dos creadores.
Pode haber algún caso onde manipular a información poda ser lícito, pero a mín este caso non mo parece, xa que só se fixo para o lucro persoal e para aumentar a comercialidade. É importante que cando nos chegue unha información que poda ser falsa nos informemos, veamos se provén dunha fonte fiable e ata investiguemos; por exemplo neste caso se buscas información sobre se é verdade o da desaparición hai moitas páxinas que o desminten, pero o único que tes que facer é buscar os nomes dos actores ('desaparecidos') e verás que hai fotos deles na actualidade e que son algúns teñen feito películas posteriores a esta.

Na miña opinión pareceme boa, xa que é unha forma novedosa de facer unha película, de feito é a primeira vez que vexo unha así. Per teño que dicir que o principio é un pouco monótono, e largo e que a acción céntrase demasiado no final. É verdade que da un pouco de angustia, non medo en sí.  O problema para mín e que o final é demasiado aberto, se investigas chegas á conclusión de que foi un montaxe, pero antes de saber iso deixache moi confundida: hai unha bruxa de verdade, foi un montaxe de alguén para facerlles dano... pode haber un montón de explicacións diferentes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario